Un anaco de nós

Presentación da colección dixital na sala DZINE o 16 de maio de 2014

Presentación da colección dixital na sala DZINE o 16 de maio de 2014

San Sadurniño viviu durante a chamada Transición unha época de grande fervenza cultural e política. 40 anos de franquismo déronlle paso a unha liberdade incipiente e ao desexo da sociedade de reafirmar a súa identidade sen ningún tipo de cancela.

A parroquia de San Sadurniño e Ramón Díaz Raña -o párroco naquel entón- atraían cara si xente moza e vella con inquedanzas, con ganas de se expresar e de deixar entrar aire fresco na vida pública.

Entre 1976 e 1983 publicáronse 50 Pumariños que agora poñemos á túa disposición nesta reedición dixital

Entre 1976 e 1983 publicáronse 50 Pumariños que agora poñemos á túa disposición nesta reedición dixital

Neste escenario saiu á rúa por primeira vez o Pumariño. Unha revista mensual coa que dar conta da actualidade parroquial que pouco a pouco foi abrindo o seu abano temático á crítica política e a creación literaria ata se converter nun exhaustivo diario do acontecer en San Sadurniño entre 1976 e 1983.

A Asociación de Veciños O Castelo de Naraío quere recuperar aquela publicación como parte fundamental da nosa historia e como homenaxe ao espírito que a mantivo viva durante sete anos e medio cento de números.

 

logo_avv                             logo_concello