A comezos de 1977 Pumariño alcanza a maioría de idade e xa está listo para saltar ao resto do concello. Como dí o editorial do número de xaneiro daquel ano, a revista “estrea pantalón largo e atrévese a saír da casa” para chegar “a todas as parroquias do Axuntamento”.
Pumariño está asentada en San Sadurniño e empeza a lerse tamén nas parroquias. Quere ser “o recadeiro de todos” e nexo de unión do territorio. Consegue que haxa persoas colaborando nas sete freguesías e empezan a publicarse seccións cos asuntos máis actuais en cada unha delas.
Ao longo de 1977 Díaz Raña vai reunindo arredor do proxecto un cadro de colaboradores máis ou menos estable que se reunen no convento do Rosario para darlle forma a cada número.
As primeiras tiradas recollen os nomes que forman parte deste consello de redacción ademais de Díaz Raña: Marián Arroyo, Regina Cinza, Miguel Sanjurjo, Paredes, Pepe Gudín, José María Ladra, Javier Luaces, Jesús Breijo, José Permuy, Margarita Sánchez, Luís Fernández Prieto, Antonio Tuimil, Manuel Sixto, José Luis Sanjurjo, Marcelino Salvatierra, José María Calvo, Manolo Rico e Manuel José Lamas, que andando o tempo sería alcalde co PSOE.
As entidades culturais e asociativas nacidas despois de 1978 colaboran tamén coas súas achegas, que se mesturan con outras feitas por veciños e veciñas baixo pseudónimos. No verán do 79, ano Internacional dos Dereitos do Neno, mesmo houbo un número especial feito integramente pola rapazada.

Pumariño de marzo de 1977, onde se anunciaban actos informativos co gallo das eleccións xerais daquel ano
Desde xaneiro de 1977 ata decembro de 1979 Pumariño é unha publicación mensual, agás no verán, en que un mesmo número cobre os meses de xullo e agosto. A publicación sostense co esforzo de colaboradores e colaboradoras e tamén coas suscricións. Custa 5 pesos -25 pesetas ou, ao cambio, 15 céntimos de euro- e pode atoparse á venda nas tendas de todo San Sadurniño e tamén nas igrexas parroquiais. De feito, por aquel entón cregos como o de Lamas, Marcelino Salvatierra, ou o de Naraío, José María Ladra, tamén publicaban na revista.
Son os anos e maior forza da publicación. Medra en tamaño -pasa a ter formato A4-e tamén medra en difusión. Cada mes saen á rúa uns 300 exemplares que se imprimen no mosteiro de Sobrado dos Monxes. Neste periodo Pumariño calla no territorio como medio de comunicación ao que todos e todas acoden para se informar e tamén para coñecer os últimos ruxe-ruxes da vida local.
Pumariños 1977
Xaneiro de 1977
Febreiro de 1977
Marzo de 1977
Abril de 1977
Maio de 1977
Xuño de 1977
Setembro de 1977
Outubro de 1977
Novembro de 1977
Decembro de 1977
Pumariños 1978
Xaneiro de 1978
Febreiro de 1978
Marzo de 1978
Abril de 1978
Maio de 1978
Xuño de 1978
Setembro de 1978
Outubro de 1978
Novembro-decembro de 1978
Pumariños 1979
Xaneiro de 1979
Febreiro de 1979
Marzo-abril de 1979
Maio de 1979
Xuño-xullo de 1979
Agosto-setembro de 1979
Outubro de 1979
Novembro de 1979
Decembro de 1979