Última etapa

Despois de catro anos de publicación mensual ininterrompida, Pumariño pasa a saír cada dous meses. É unha revista con 20 páxinas nas que pouco a pouco van ganando un maior protagonismo os contidos das parroquias.  Os alumeados públicos, o asfaltado de currais, as pugnas políticas, as críticas ao goberno municipal, a poesía, os contos, a historia… Todo convive en harmonía en Pumariño e todo presentado cunha carga de humor retranqueiro-satírico que en moitas ocasións abeiraba a vulneración do dereito á honra.

A partir de 1980 Pumariño pasa ser bimestral.

A partir de 1980 Pumariño pasa ser bimestral.

Ninguén, fose político ou veciño de a pé, estaba libre de ser protagonista dun artigo ou dunha copla.  “Intentamos que primara o humor e a broma. Non buscamos o enfrontamento, pero deuse. Os rexedores municipais pensaban que eramos cans cerbeiros, nacionalistas radicais, ou comunistas de mala calaña”, explica Ramón Díaz Raña.

A revista reafírmase nesta época na defensa da lingua e da cultura propias e expresa o seu compromiso co progreso dun municipio rural que aínda non se desprendera, igual que o resto de Galicia, do seu pasado recente.  Son numerosas as veces en que Pumariño publica páxinas do Boletín Oficial do Estado ou noticias referidas aos dereitos dos labregos. E é que en todos os exemplares se repite unha e outra vez o carácter reivindicativo da cabeceira e a súa constante procura da xustiza social.

O derradeiro número de Pumariño viu a luz no periodo xaneiro-abril de 1983 cun especial sobre as eleccións municipais que se celebrarían o oito de maio daquel ano. Díaz Raña fala así a fin da publicación :“Paramos -malpocados!- por cansazo. Non soubemos buscar relevos. Tampouco a xente tiña demasiadas ganas de complicarse a vida. A desparición de Pumariño foi unha pena. Para os que colaboramos na revista, volver lela despois de case corenta anos é unha gozada. Parécenos case imposible que fóramos capaces de tamaño esforzo, Pero aí está.”

Pumariños 1980
Xaneiro-marzo de 1980
Abril-maio de 1980
Xuño-xullo de 1980
Agosto-setembro 1980
Novembro-decembro de 1980

Pumariños 1981
Xaneiro-febreiro de 1981
Marzo-abril de 1981
Maio-xuño de 1981
Xullo-outubro de 1981
Novembro-decembro de 1981

Pumariños 1982
Xaneiro-marzo de 1982
Abril-maio de 1982
Xuño-xullo 1982
Agosto-outubro de 1982
Novembro-decembro de 1982

Pumariño 1983
Xaneiro-abril de 1983